sábado, 22 de diciembre de 2007

A CASA DE CULTURA, UNHA REALIDADE TANXIBEL


Despois de máis de doce anos reclamando a súa construcción, o pasado mes de novembro tivo lugar a colocación da primeira pedra da Casa de Cultura de Raxó, unha reivindicación historica da SCD Raxó que, a curto prazo, vaise ver realizada grazas a tenacidade da súa Xunta Directiva que logrou vencer non poucas reticencias e insensibilidades até que o pasado ano o proxecto fora asumido pola Consellería de Cultura e o Concello de Poio, co 50% do seu custe ambas administracións.

No acto de colocación da primeira pedra, a Conselleira de Cultura, Anxela Bugallo, destacou o papel determinante da SCD na consecución desta obra. Cabe salientar que esta é a maior inversión realizada pola administración dende a II República na parroquia de Raxó

URBANISMO, SOSTIBEL?

sua


Un dos aspectos máis controvertidos nos últimos anos en Raxó é o crecemento urbanístico, aspecto este que ten suscitado non poucas tensións co poder político, as cáis non foi allea a Sociedade Cultural Deportiva Raxó.

As deficiencias detectadas no Plano Xeral de Ordenación Municipal -carencia de espazos públicos, rúas demasiado estreitas, excesos de volumen de edificación, impacto medioambiental e visual- vense agravadas en Raxó polo seu carácter litoral e periférico; se a todo elo engadimos a falla de disciplina urbanística no Concello de Poio, podemos concluír que a situación, especialmente nos meses de verán, é pouco menos que catastrófica pola falla de espacios e servizos.

A falla de seguimento na execución das obras, fai que ninguha das executadas ate o momento se axuste as condicions estipuladas no PXOUM, que como queda dito, ten unhas condicións mínimas e pouco positivas para un entorno xeografico como o noso.

sábado, 15 de diciembre de 2007

A sociedade cultural deportiva raxó




Fundada en 1981, é, polo tanto, das entidades sociais actualmente operativas no Concello de Poio, unha das máis antigas.

Logo dunha primeira etapa instrumental e dependente da Asociación de Veciños, foi recuperada no ano 1994, pasando por várias fases até chegar á actual de defensa sen complexos da nosa lingua e cultura popular, superadas as veleidades elitistas de algúns momentos. A nosa traxectoria non está exenta de tensións co poder político, sobor de todo en cuestións como a reivindicación da Casa de Cultura e os desencontros co Concello de Poio por mor da política urbanistica.



Páxina Web da Sociedade Cultural Deportiva Raxó: http://www.raxocultural.org/