viernes, 17 de febrero de 2012

O antroido



O cambeo de cara que supón a máscara, mostra tamén aquela parte de vida que se oculta diariamente, de ahí que nestas datas esté permitido facer aquelo que non está o resto do ano, porque se considera unha falta grave contra a boa crianza, as costumes e mesmo contra as leises. Así as bromas, moitas delas pesadas, o emporcalla á xente con fariña e cinza, e sobor de todo, o dereito das máscaras a descobrír feitos da vida das persoas e dos políticos. E normal facer en cantos e coplas unha crítica aceirada da sociedade, dos viciños e das autoridades, así como de aqueles feitos que máis preocupan e que están de máis actualidade.

O antroido


Entroido, Antroido e aínda outras variantes, ven do latín Introitus í é festa dcon raigamens moi antergas.


O Entroido abrangue un ciclo de 17 días que comeza dous domingos denantes do própio Antroido: Domingo Fareleiro, Xoves de Compadres, Domingo Corredoiro, Xoves de Comadres, Domingo, Luns e Martes de Antroido e o Mércores de Cinza, en que ten lugar o Enterro da Sardiña.

Hai lugares de Ourense nos que principia o ciclo cunha cencerrada. Os mozos provistos de buguinas, percorrian o pobo armando un grande ruído. En Carballai, Lugo, van rapaces dentro de sacos, batendo latas, i en Larouco, Ourense, sae o grupo que chaman Morrión, tamén con latas, pandeiros e tobas.

O Xoves de Compadres as mozas fan o reco, coresmo ou lardeiro. O lardeiro é un moneco de palla que argallan as mozas e visten cun traxe roubado a un mozo. Corren o pelele polas ruas, namentras os mozos pretenden arrincarllo das mans. Pola contra o Xoves de Comadres son os mozos quenes fan a lardeira co mesmo ritual de loita de sexos. Lardeiro e Lardeira queimánse publicamente, ás veces con leitura dos Testamentos.

O domingo intermedio antre un e outro xoves é o Corredoiro. A troula, principiada o Domingo Fareleiro, recrecía no Corredoiro. Vellos e mozos saen á rúa e botan aos transeuntes formigas cabalarias, farelos, fariña ou tisne; hai comparsas e mascaradas e ruben ós balcóns a enzoufar ás rapazas.

Nembargantes, o máis importante neste día na maior parte de Galiza, aínda que nalgures teña lugar en datas distintas, é o Xogo das olas, ou cachelas. Homes e mulleres en roda tiran dúns a outros as olas, con grande rechifra á quen a deixe cair.

Máscara de indubidable interese é o Cigarrón verinense, Peliqueiro de Laza e Pantalla de Xinzo,

variantes en amplo ámeto de Galiza (irrio, farricoque, axouxeiro, murrieiro, charrua, choqueiro...)

Viste o Cigarrón ou Peliqueiro chaquetiña curta con galóns, calzón branco coberto de freques e bolras de coor, pañoleta regalo da noiva, chocas ao cinto e careta de madeira cunha especie de mitra, leva un motivo de ordinario, zodárico. Empuña o zarrapo, semellante ao mallo, formado por mangueira de pau e pértigo de coiro, coil bate aos transeuntes.

O Antroido, espantallo que nalgúns sitios ponse nun punto cimeiro do pobo, quéimase o martes ao findar a festa.

O Enterro da Sardiña, celébrase o mércores de cinza. Percorre o pobo un cortexo estranamente vestido con faldas de mulleres e traxes farrapentos. Outros simulando cregos e sacristáns, uns con caldeira finxindo o incensario, chea de xofre, cascos de cabalo e goma ardendo; outros cunha choca facendo de campaíña. Levan un moneco ou un ataúde. Len o Testamento ou sermón e, ao cabo, tiran ao ría o moneco en meio do bulreiro pranto.

viernes, 26 de marzo de 2010

A TOPONIMIA COMO PATRIMONIO CULTURAL


A toponímia é o rexistro da relación do pobo co medio co medio ao longo dos seculos.


Tanto por antigüidade, variedade e número, o noso País goza dunha grande riqueza toponímica, cifrada en máis de dous millóns de topónimos -case tantos como habitantes- debido, fundamentalmente, a tres factores: orografía, dispersión poboacional e división da propiedade.


Porén, a progresiva transformación dos modos de ocupación do territorio está a por en serio perigo a supervivencia de moitos toponimos tradicionais, situación que se agrava polos xuizos de valor ou prexuizos relativos ao idioma galego.


Un caso recente, e vixente, de todo elo é o acontecido no Concello de Poio a respecto do toponimo Rabo de Porco, onde a Corporación Municipal, nun alarde de sensibilidade social merecente de millor causa, a piques está de perpetrar un atentado contra o noso patrimonio inmaterial, herdado de xeneración en xeneración a traverso dos séculos e que, da súa importancia cronolóxica e histórica, dános idea Elixio Rivas (1982) ao cifrar as proporcións dos estratos toponímicos en: pre-romano, 21,3%; latino, 67,1%; xermánico, 7,8%; árabe, 2,1%; outros, 2%.

Na Alta Idade Media (anos 800-1000) comezan a aparecer as entidades, vilas, herdades, coutos, señoríos, abadías monacais, etc. e, pertencentes á abadía Cistercense de Armenteira, eran as herdades de Canelas (Raxó) e Rabo de Porco, doación feita por Afonso VII, en 1155, a D. Ero, primeiro abade e fundador do Cenobio.


Frei Damián Yañez Neira, bibliotecario do Mosteiro de Oseira, no seu traballo El Monasterio de Oseira y sus Abades (Museo de Pontevedra, 1980, pax. 209) acheganos unha referencia a herdade de Rabo de Porco.


Que a primeira proba documental que atopemos do topónimo sexa durante o mandato de Frei Bernabé Cano, quen execeu a abadía no trienio 1683-1686, en que o Mosteiro de Armenteira lle afora a Domingo Rodríguez, de Rexó, para sí e por tres vidas de reis ouraiñas, a herdade chamada do Rabo do Porco, por un ferrado de centeo, posto á súa costa na Granxa de Rexó, non quer dicer que éste non sexa máis antigo, toda vez que a exclaustración dispersou os papeis do Mosteiro de Armenteira, indo a parar a mans de particulares de Cambados na súa meirande parte. Tal é o caso dun Manuscrito do P Basilio Duarte (S.XVII) posteriormente doado polo avogado cambadés Xosé Fraga ao Seminario de Estudos Galegos, transcrito por Bouza Brei na revista Compostellanum (1961) de onde entresacamos o dato.


Rabo de Porco non é máis que un dos moitos zootopónimos que abondan por todo o mundo -o caso de Oxford, citado por Gonzalo Navaza, e só unha pequena mostra- e en Galiza hai centos de características similares, como Ponte do Porco, interpretado por Filgueira Valverde como alusivo ao xabarín, e Fonte do Porco, recollido por Moralejo Laso sen especificar si se trata do animal montés ou doméstico.


Tamén poidera tratarse dun fitotopónimo, en alusión á pranta coñecida polo mesmo nome; anque nalgúns casos a linguaxe toponímica é metafórica sen maís, procedendo da suxerencia de simples parecidos entre a orografía do terreo e algunhas formas do animal, como seguramente corresponde ao caso que nos ocupa, derivandose as súas connotacións negativas, unicamente, da visión deformada dalgúns -poucos- veciños e non do topónimo en si, tendo máis ben relación con prexuizos relativos á lingüa, tal e como moi ben dí, tamén, Gonzalo Navaza.


Outras autoridades na materia, como o Presidente da Real Academia Galega, Méndez Ferrín, Juan José Moralejo, ou a asociación Vaipolorio, que realiza unha loabel recuperación dos topónimos do curso do Río dos Gafos, tamén se amosaron contrarios á supresión do topónimo.


De todos os xeitos, que nun Concello como o de Poio, rexido por un alcalde nacionalista, que por mor dun inexplicabel deslíz, por moi unánime que este sexa, da súa Comisión de Facenda, teñamos que estar debatendo asunto tan obvio non deixa en bo lugar, precisamente, aos seus membros, sobre todo ante quenes sabemos o pouco receptivos que son ante propostas máis importantes e positivas, como a de retirar do nomenclator oficial os nomes de destacados represores franquistas que, a día de hoxe, ainda teñen rúas e nonra no noso Concello


sábado, 22 de diciembre de 2007

A CASA DE CULTURA, UNHA REALIDADE TANXIBEL


Despois de máis de doce anos reclamando a súa construcción, o pasado mes de novembro tivo lugar a colocación da primeira pedra da Casa de Cultura de Raxó, unha reivindicación historica da SCD Raxó que, a curto prazo, vaise ver realizada grazas a tenacidade da súa Xunta Directiva que logrou vencer non poucas reticencias e insensibilidades até que o pasado ano o proxecto fora asumido pola Consellería de Cultura e o Concello de Poio, co 50% do seu custe ambas administracións.

No acto de colocación da primeira pedra, a Conselleira de Cultura, Anxela Bugallo, destacou o papel determinante da SCD na consecución desta obra. Cabe salientar que esta é a maior inversión realizada pola administración dende a II República na parroquia de Raxó

URBANISMO, SOSTIBEL?

sua


Un dos aspectos máis controvertidos nos últimos anos en Raxó é o crecemento urbanístico, aspecto este que ten suscitado non poucas tensións co poder político, as cáis non foi allea a Sociedade Cultural Deportiva Raxó.

As deficiencias detectadas no Plano Xeral de Ordenación Municipal -carencia de espazos públicos, rúas demasiado estreitas, excesos de volumen de edificación, impacto medioambiental e visual- vense agravadas en Raxó polo seu carácter litoral e periférico; se a todo elo engadimos a falla de disciplina urbanística no Concello de Poio, podemos concluír que a situación, especialmente nos meses de verán, é pouco menos que catastrófica pola falla de espacios e servizos.

A falla de seguimento na execución das obras, fai que ninguha das executadas ate o momento se axuste as condicions estipuladas no PXOUM, que como queda dito, ten unhas condicións mínimas e pouco positivas para un entorno xeografico como o noso.

sábado, 15 de diciembre de 2007

A sociedade cultural deportiva raxó




Fundada en 1981, é, polo tanto, das entidades sociais actualmente operativas no Concello de Poio, unha das máis antigas.

Logo dunha primeira etapa instrumental e dependente da Asociación de Veciños, foi recuperada no ano 1994, pasando por várias fases até chegar á actual de defensa sen complexos da nosa lingua e cultura popular, superadas as veleidades elitistas de algúns momentos. A nosa traxectoria non está exenta de tensións co poder político, sobor de todo en cuestións como a reivindicación da Casa de Cultura e os desencontros co Concello de Poio por mor da política urbanistica.



Páxina Web da Sociedade Cultural Deportiva Raxó: http://www.raxocultural.org/