sábado, 22 de diciembre de 2007

A CASA DE CULTURA, UNHA REALIDADE TANXIBEL


Despois de máis de doce anos reclamando a súa construcción, o pasado mes de novembro tivo lugar a colocación da primeira pedra da Casa de Cultura de Raxó, unha reivindicación historica da SCD Raxó que, a curto prazo, vaise ver realizada grazas a tenacidade da súa Xunta Directiva que logrou vencer non poucas reticencias e insensibilidades até que o pasado ano o proxecto fora asumido pola Consellería de Cultura e o Concello de Poio, co 50% do seu custe ambas administracións.

No acto de colocación da primeira pedra, a Conselleira de Cultura, Anxela Bugallo, destacou o papel determinante da SCD na consecución desta obra. Cabe salientar que esta é a maior inversión realizada pola administración dende a II República na parroquia de Raxó

1 comentario:

Anónimo dijo...

Como socio e cidadá , e pra min motivo de orgullo, observar e valorar o traballo da S.C.D RAXÓ , Cá vosa humildade que vos caracteriza , ten cada día máis merito , observar o avanzada que van as obras da futura casa de cultura , ese proxeto que algúns con responsabilidade politica , bautizaron no seu dia a calada ,de proxeto faraónico , imposibel de executar, polo seu coste ou ben pola negativa de algúns a facer un proxeto importante e deixar unha pegada importante no pobo de Raxó a prol da cultura , no largo mandato que poideron disfrutar , grazas o traballo , e a confianza que lle demos as persoas de ben deste país que realmente confiamos nun proxeto de esquerdas e por desgraza só souperon aproveitar para o ben deles , e non no interes das parroquias do concello de Poio , que foi para o que foron elexidos democraticamente .Moito ánimo e saude a S.C.D RAXÓ